Índice

Puntos de interese en Guitiriz

Guitiriz é un concello que pertence á Terra Chá. Encadrado na reserva da biosfera das Terras do Miño é un enclave natural de grande beleza. Ademais atópanse aquí importantes vestixios relacionados coa presencia humana, dende o epipaleolítico pasando pola época dos romanos. Así é que se che gusta a historia ou a natureza non te vas aburrir. Mira nas seguintes seccións para obter información de todo o que podes ver e que está moi preto de tí.

Guitiriz é unha zona de grande interese. Encadrado na reserva da biosfera "Terras do Miño", é Lugar de Interese Comunitario. Polas súas terras atravesa o Camiño de Santiago, que é Patrimonio da Humanidade. Ademais disto é unha vila de grande importancia polas suas fontes de auga minero-medicinais o pola abondancia de granito silvestre.

Guitiriz é un concello con gran cantidade de mostras de arte relixioso. As súas 18 igrexas parroquiais, xunto con outras espalladas por diversas zonas, ademais de varias capelas privadas ó longo do seu territorio compoñen un patrimonio dun grande valor.

A Terra Chá é unha zona culturalmente moi rica. Así é que abondan nestas terras exemplos de musicos escritores ou artesáns. Non perdas a oportunidade de descubrir o que Guitiriz pode ofrecerche.