Arte relixioso

Arte relixioso

Guitiriz é un concello con gran cantidade de mostras de arte relixioso. As súas 18 igrexas parroquiais, xunto con outras espalladas por diversas zonas, ademais de varias capelas privadas ó longo do seu territorio compoñen un patrimonio dun grande valor.


San Xiao de Becín. Igrexa do S.XIII, e posteriormente reformada. Destacar a inscrición no tímpano que nos indica a súa datación “Era MCCCXXVI quad XII kalerotus sulo” 1326 era hispánica sería 1288 cristiá. (Foto HombreDHojalata)

San Pedro de Buriz. Igrexa barroca do S. XVII. É de resaltar o cemiterio de características góticas. (Foto HombreDHojalata)

Santa María de Labrada. A igrexa data da segunda metade do S. XVIII adicada a Sta. María. No seu interior atópanse pinturas murais recentemente restauradas. Acompáñase cun cemiterio gótico. (Foto HombreDHojalata)

San Xoan de Lagostelle. Igrexa barroca de San Xoán. Foi fundada a principios do S. XIV como capela. Tivo ampliacións non S. XVI XVII e nos anos 1719 20 de man do mestre Baltasar Varela. No ano 2001 02 e 2005 estivo en proceso de restauración. (Foto HombreDHojalata)

Santa Mariña de Lagostelle (Foto HombreDHojalata)

Santa Baia de Mariz. Santa Baia de Mariz. antigo pazo (a casa da tulla) da década dos 40. A fachada é a mesma e as fiestras foron tapiadas (Foto HombreDHojalata)

San Vicente de Negradas. Igrexa románica modificada no século XVII. (Foto HombreDHojalata)

San Breixo. Igrexa orixinariamente románica con modificacións nos S. XVIII e XIX. Destacar o antigo vía crucis que bordea o recinto sobre o muro, do que aínda se conservan 7 cruces de pedra.

San Salvador (Foto Xosé Antonio)

Santa Cruz. Igrexa orixinalmente románica e modificada nos S.XVIII e XX posúe tamén un calvario situado no recinto exterior. (Foto Chorima1)

Sto. Estevo de Parga. Igrexa do S. XII construída sobre o antigo castro de A Pobra de Parga. Destacan pinturas murais. (Foto RicardoRega)

Santa Locaia. Igrexa do século XVII, reformada nos séculos XIX e XX. Na reitoral consérvase unha pila bautismal do século XVII, semiesférica con estrías saíntes. (Foto Xosé Antonio)

San Mamede de Pedrafita. Igrexa do románico de transición, o máis destacado é o campanario que se atopa a 30 metros da igrexa.

San Pedro de Pígara. Igrexa de estilo neogótico caracterizado polas formas elevadas e esveltas que invaden toda a construción

San Xiao de Roca. Igrexa datada no primeiro tercio do S. XVIII. O altar atópase presidido por un antigo retablo, un magnífico exemplar do barroco popular. (Foto HombreDHojalata)

Santiago de Trasparga. Igrexa románica e ampliada no S. XX. (Foto HombreDHojalata)

Santa María de Vilar. Igrexa de estilo románico. Destaca o pavimento (as súas pedras teñen un oco cada unha que probablemente sería o oco dunha cruz converténdose así in lápidas funerarias). (Foto HombreDHojalata)

San Vicente de Vilares. Nesta parroquia o Mosteiro de Monfero e outros señores destas terras encargáronse de erguer unha pequena capela no S. XII que rematou sendo a orixe da primitiva parroquia. A fachada é unha reforma do S. XVIII. (Foto PepeDoCouto)

Destacar as súas pinturas ó fresco e calvario que atopamos preto da igrexa.

Outras mostras de arte relixioso

Igrexa de San Alberte (Parroquia de San Breixo)

Atópase no camiño norte de Santiago, preto dunha ponte gótica e unha fonte de cantería (fonte da fala). É unha das poucas manifestacións de arte relixioso gótico.

Os peregrinos tiñan a opción de descansar nun hostal hospital, do que existen algunhas noticias. Hoxe queda unha gran casa en ruínas con inscrición 1850. Foi pousada e quizais construída enriba do antigo hospital. Artesanía.

Capela de Santa Ana. (Parroquia de San Xiao de Roca)

Capela do século XVIII antigo mosteiro de Labrada. (Parroquia de Santa María de Labrada)

Igrexa de Santa María. Igrexa inaugurada en. 1968. (Parroquia de San Xoán de Lagostelle)